4 de junho de 2007

Comunicado leido na manifestación de onte [03.06.2007] na defensa da Ría de Ferrol.

¡Bo día!

Hoxe estamos aquí na defensa da vida, da Ría e da legalidade, pero nos falta un compañeiro de loita cuxa liberdade queremos canto antes.Contamos coa vosa presenza solidaria pero tamén coa adhesión de moitos que non puideron vir.

Achegámonos ata a casa do Concello, porque o 16 de xuño constituirase unha nova corporación e deixará de ser Alcalde quen durante estes catro anos estivo facendo de recadeiro de Reganosa, promovendo distintas iniciativas para favorecer unha perigosa planta de gas dentro da Ría e provocando que o Concello se retirase de dous contenciosos que tiña contra Reganosa, un deles gañado. Esperamos, que a nova corporación lle diga o Tribunal Supremo que faga firme a sentencia do TSXG para que os ferroláns e ferrolás recuperemos o dereito a ser defendidos pola Xustiza.[]
[leer máis]
[]Co encarceramento de Bastida pretenden escarmentarnos, atemorizarnos e mesmo converternos en criminais. Mais as mulleres e homes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non escarmentamos nin nos asustamos e continuaremos defendendo:“¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA, BASTIDA SOMOS TODOS, LIBERDADE PARA BASTIDA “!!!!!!!!

Sem comentários: