17 de junho de 2008
65 horas? ¡Nin de coña!
A proposta da comisión europea de aumentar a xornada semanal a 65 horas representa unha lamentable involución e un atentado contra os dereitos das persoas que traballamos en Europa.
Foron moitos anos de loita, moitas xeracións de mobilizacións as que fixeron de Europa un lugar onde o concepto "dereitos sociais" significa algo concreto. Se algo debe ser Europa é un espazo social onde os dereitos de toda a cidadanía deben respectarse e a proposta da comisión devólvenos ao século XIX, ás xornadas de sol a sol e aos soldos de miseria.
A infame proposta da comisión, para ser efectiva, debe ser agora aprobada polo parlamento europeo, e Internet debe converterse na vangarda da oposición á mesma.
Demostremos a quen nos representan no Parlamento Europeo que se aproban as 65 horas terán un problema, que as persoas a quen se dirixe esa medida estamos en contra desta barbaridade.
Como facelo?
Coloca o banner na túa web ou blog. Pincha aquí
Publica un post sobre o tema
Envíao por mail a todos os teus contactos
Faille saber a quen che representan en Europa que NON LLES VOTARÁS se aproban a medida co seu voto.
Aquí tes a listaxe de mails das/os eurodiputadas/os
Traduce a campaña ao teu idioma e esténdea no teu país.
Enlace a web orixinal da campaña
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário