18 de fevereiro de 2009

Barcelona Tv censura o documental - Mirando el mundo al revés - Che sudaka realizado por Marta Pujol

Despois de case tres meses de negociacións e tratos en falso coa cadea do Concello de Barcelona, Btv decidiu non proxectar o documental que Marta Pujol fai con Che Sudaka hai dous anos onde se fala da Lei Cívica aplicada en Barcelona.

A súa última proposta foi proxectar o documental pero sacando as partes onde se fala de Barcelona , e non o chaman censura, chámano decisións de dirección...

Quen vexa o documental saberá que as opinións que se dan son libres e estas contrastadas, non hai ningún insulto e arguméntanse os motivos de queixa.

Sumámonos desde aquí á denuncia duns feitos que consideramos dunha desvergoña incalificable. Marta é fotógrafa e tamén realizadora de vídeo, unha profesional que coa sua cámara ao ombreiro ou entre as mans, é capaz de achegar un extra de sensibilidade no seu traballo dificilmente igualable.

www.martapujol.com



Sem comentários: