25 de novembro de 2009

Machina presenta novo video coincidindo co Día Internacional contra a violencia machista

Manolo Cazolo matou a muller,/con sete coitelos e un alfiler, así “berra” o estroubo do novo video-clip de Machina.
Manolo Kazolo
, personaxe dunha canción popular galega que de nenos nos cantaban, móstrandonos a face máis escura do que chamamamos tradición oral.

A violencia machista como fenónemo normalizado aínda que, supoñemos, rexeitado pola maioría.

Óscar Ansótegui volve a firmar o guión e dirección da peza da banda cercedense. Nela, Manolo Kazolo convértese nun personaxe de terror, implacable e sen rostro individual. Máis que os golpes, a súa violencia é o medo. O camiño é a elección, a liberdade dunha muller que nos mira buscando comprensión para saír desa prisión escura, na que un día afastado, entrou por amor.



Video e texto recollidos de Komunikando.net

Sem comentários: