14 de maio de 2010

Como comprender que a dereita gañe as eleccións


Por Pascual Serrano

O goberno que se chama socialista conxela as pensións e recorta as axudas á natalidade e á atención dos dependentes. Zapatero di que non descartou subir os impostos ás rendas máis altas durante 2011, pero a verdade é que non anunciou ningunha medida respecto diso. Tampouco se toca o orzamento do Exército, nin das axudas á Igrexa, nin da Casa Real. A Xunta Directiva da Confederación Empresarial (CEOE) considera que moitas das medidas anunciadas onte polo presidente do Goberno español para reducir o déficit público son positivas e van en liña coas que a CEOE propuxo sempre.


A dereita, tras levar semanas pedindo un recorte do gasto público, agora acusa ao presidente de acometer un "gran recorte de dereitos sociais". Tamén dixo Rajoy que a "incapacidade" do Goberno vana a pagar "todos os españois", entre eles "pensionistas e futuras nais".


Conclusión, o goberno socialista encárgase de aplicar as medidas da dereita e cargar coa indignación popular que provocan esas medidas. Pola súa banda, a dereita pode permitirse abanderar o discurso social que nunca aplicaría se gobernase. Para quen non entendían por que os partidos de dereitas gañan as eleccións, o sucedido onte é a proba máis pedagóxica para poder comprendelo.



Pascual Serrano é xornalista. Os seus últimos libros son "O xornalismo é noticia" (Icaria) e Desinformación (Península).

Traduccion: Trasancos, mirando mundo.

Sem comentários: