20 de maio de 2010

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ E O DESARME




PROXECCIÓN AUDIOVISUAL

24 DE MAIO ÁS 19:00 HORAS
NO ATENEO FERROLÁN




A Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convídate a reflexionar, a través do visionado da curtametraxe documental "Crímenes Invisibles" de Wim Wenders e a película "Grbavica, El Secreto de Esma" de Jasmila Zbanic, sobre a situación de violencia sexual que viven as mulleres en moitas zonas de guerra e conflitos armados, onde o seu corpo é utilizado como arma e botín de guerra.


Este acto está enmarcado dentro da celebración da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que arrincou o pasado 8 de Marzo e culminará o 17 de Outubro con accións simultáneas en todo o mundo, e unha Mobilización Internacional na República Democrática do Congo, coa que pretendemos denunciar a situación das mulleres na rexión dos Grandes Lagos e outras zonas en guerra e conflito armado, e reivindicar e fortalecer o papel das mulleres na resolución dos conflitos e os procesos de paz.

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA

COORDINADORA COMARCAL DE FERROLTERRA




Sem comentários: