20 de outubro de 2010

Foron os indios de América quen descubriron América

Escoita a seguinte produción de Radialistas Apaixonadas e Apaixonados.
Sacado da páxina do informativo da ReMC "Mas Voces"








PROFESOR A ver, raparigos, mozas? Un pouco de orde? Que hoxe temos exame de historia e xeografía?


MOZA 1 Pregunte, profe, sabémonos o libro de memoria?

PROFESOR Non me digan?... Pois, entón? A ver? unha pregunta difícil? Díganme quen descubriu América.

MOZO Esa é a pregunta máis fácil do mundo. ¡Cristóbal Colón!

PROFESOR Cristóbal Colón?.... Frío, ben frío.

MOZA 2 Como que frío? Non foi Colón o que descubriu América?

PROFESOR Non, señorita.

MOZA 1 Foron os viquingos, os dos cornos eses?

PROFESOR Ningún viquingo. Frío, frío.

MOZO Eu lin hai pouco, profesor, que os chineses chegaran primeiro. Hai un mapa duns barcos chineses?

PROFESOR A verdade é que os chineses chegaron primeiro que Colón, pero non foron eles os que descubriron América.

MOZA 1 Pois entón? ¡serían os extraterrestres!

PROFESOR Dígolles que frío, friísimo. Estoulles dando a mellor pista e non a agarran.

MOZO Cal pista, profe?

PROFESOR Escoiten? frío? frío?

CONTROL MÚSICA SUXESTIVO

EFECTO VENTO

LOCUTORA Fai 15 mil anos, un grupo de cazadores procedentes do Asia Central, realizou a maior aventura da historia humana. A gran travesía.

EFECTO VOCES INCOMPRENSIBLES

LOCUTORA Os seus antepasados emigraran de África moitos anos antes? Uns poboaron Europa, outros se internaron en Asia e avanzaron cara ao norte?

LOCUTORA O frío era tremendo. Tan tremendo, que se formou unha ponte de xeo entre Siberia, no continente asiático, e Alaska, no continente americano.

EFECTO MANADAS

LOCUTORA Aquel grupo de cazadores, homes e mulleres, tiña fame. As mandas de bisontes cruzaran a ponte de xeo, e eles seguíronos buscando comida.

EFECTO VOCES INCOMPRENSIBLES

LOCUTORA Fai 15 mil anos, atravesando a estepa xeada, chegaron os primeiros seres humanos ás terras que hoxe chamamos América. En poucos anos máis, os recentemente chegados fóronse dispersando, e poboaron toda América do Norte e toda América do Sur.

CONTROL MÚSICA

PROFESOR Xa ven, raparigos? Os verdadeiros descubridores foron os antepasados dos indios que hoxe viven nestas terras.

MOZA 2 É verdade iso que está contando, profe?

PROFESOR Claro que é verdade. Mira o rostro dun indio de Bolivia ou dunha india do Amazonas. E compárao cun rostro de Vietnam ou de Corea. Igualitos.

MOZO Pero, entón, Colón non descubriu nada?

PROFESOR Cando o famoso almirante Cristóbal Colón puxo as súas patas nestas terras? xa estas terras estaban cheas de xente. Foron os indios de América os que descubriron América. Colón chegou? con 14,500 anos de atraso.

MOZA 2 Pero, profe, entón? hoxe, 12 de outubro, que celebramos?

PROFESOR Nada. Se algo temos que celebrar é a resistencia indíxena. Primeiro resistimos o frío e logo resistimos a invasión europea.



- Descargar audio (MP3 - 4 MB)

Sem comentários: