14 de outubro de 2010

Lactancia materna con diabetes




















Os médicos afirman desde fai tempo que as nais que aleitan aos seus bebés protéxenos da diabetes. Pero novas investigacións suxiren que dar o peito protexe tamén ás nais de desenvolver esta patoloxía. Un estudo recente achou que canto máis tempo aleiten as nais aos seus fillos, teñen menos riscos de contraer diabetes.

Pero, que pasa coas nais con diabetes?

Nas nais con diabetes a lactación materna non só está permitida senón que é recomendada sempre que sexa posible. Os nenos alimentados deste xeito durante un período de tres a seis meses, teñen menos probabilidade de desenvolver diabetes tipo 1 ao longo da súa vida. A alimentación da nai deberá ter algunhas calorías máis e a medicación terá que ser reaxustada en función da alimentación, o exercicio e a diminución da demanda de insulina que ten lugar a partir do momento do parto.

A cantidade de insulina que pasa ao leite humano é apenas apreciable e sen efectos sobre o lactante. Continuar co plan de alimentación habitual, facer exercicio moderado e de forma ordenada adoita ser a miúdo o máis importante para manter os niveis de glicosa dentro dos límites.

Ademais, é necesario saber que o mero feito de aleitar de xeito normal (ao redor de 8-12 tomas por día) consome de 700 a 900 calorías maternas diarias, aproximadamente, a expensas das reservas acumuladas durante a xestación.

Non o esquezas, a lactación materna ten numerosas vantaxes para as nais con diabetes e os seus bebés. As nais lactantes teñen menos necesidade de insulina e un mellor control da glicosa en sangue, e os bebés aleitados poderían ver diminuído o seu propio risco de desenvolver diabetes.

Extraido: Revista da Sociedade Española de diabetes

Sem comentários: