Enviado por Cristina Meizoso Alonso a mirandomundo@gmail.com
Son unha cidadá de Ferrol, traballadora e que paga os seus impostos; impostos cos que o día 29 de maio, pagaron para que as forzas policiais me pegasen por estar aplaudindo no porto de Ferrol a chegada da cidadanía que coas súas barcas e que , con perigo para as súas vidas, polo forte dispositivo policial na bocana da ría, abortaran a entrada dun novo gaseiro nesta angosta ría.
Estando no porto, sen que aínda atracasen os/as mariñeir@s, houbo unha carga policial contra a cidadanía. Non é certo que fose cando quixeron deter ao Patrón da Confraría de Ferrol; aínda non atracara.
Eu nin son mariscadora nin teño familiares no gremio, o que si son é consciente do que nos meteron nesta ría e non o quero. Vin chegar a embarcación co patrón da confraría logo de recibir unhas boas "labazadas" por parte das forzas policiais. . . O Patrón non opuxo resistencia á súa detención xa que o fixo voluntariamente para que parasen de pegar aos cidadáns que pacificamente só aplaudiamos a chegada dos valentes por frear o maldito gaseiro.
Non sei, ou si, que poderes son os que están permitindo isto.. ., que as forzas de seguridade defendan a unha empresa privada, Reganosa, e de momento ilegal e golpeen á cidadanía por defender a ría e a vida pacificamente.
Non entendo, ou si, aos partidos políticos que están permitindo isto e calan!
Cristina Meizoso Alonso - Cidadá de Ferrol.
1 comentário:
Crein que o que loitou meu pai nos 70,nos faria mais unidos na loita.Pero vexo que a xuventude cree que o camiño esta feito.Tiñan que estar orgullosos do que loitaron os seus pais,unha loita que trascendeu mais lonxe do que poden imaxinar.A historia a escriben outros como lles conven,pero nos imos facer a nosa historia por nosos fillos.SUMAROS A ESTA LOITA CONTRA A PLANTA DE GAS LOITADE XA NON POR VOS,POR VOSOS FILLOS.TODOS PODEMOS FACER A NOSA HISTORIA.
Enviar um comentário