19 de junho de 2007

Repetición do programa especial de Rádio Filispim da manifestación do 3 de Junho



Rádio Filispím, repite a retrasmisión en directo da concentración e a manifestación do pasado 3 de Junho en contra de Reganosa e para pedir a liberación de Bernardo Bastida, contando con tres reporteiras a pé de rúa e dous menbros mais do colectivo na realización no propio estudo.
Un programa de importantísimo valor documental.
Con diferentes conexións en directo e declaracións na rúa entre outras moitas de ................. Luz Maria Torrente López da Plataforma de Veciñ@s “O Cruceiro de Meha”, Xosé Manuel Beiras (BNG), Camilo Nogueira (BNG), Anxo López Pintos (Secretario Ferrol CIG), .............

REPETICIÓNS:LUNS de 15 a 18 horas , MÉRCORES de 16 a 19 horas, VENRES de 8 a 11 horas

Para o resto do mundo que nom escoita Radio Filispim ....
Extractos do programa en directo, proporcinados polo Colectivo Opaii.

Intervencións:




Mulher Anónima


Rapaza Anónima


Home Anónimo


Camilo Nogueira [BNG]


Consigna Planta de Gas Fora da Ria


Consigna en Teixeiro ten que estar Tojeiro


Filispina


Filispina


Filispina


Pilar Diaz [EU-IU]


Presidenta A.VV. Mehá-Mugardos


X.M. Beiras [BNG]


Yolanda Diaz [EU-IU]

Radio Filispim emite no 93.9 da FM.

8 comentários:

Anónimo disse...

Xa era hora de que alguen contase as cousas tale como suceden, e por riba en vivo e directo.

Gracias a Rádio Filispim polo seu labor.

Anónimo disse...

Xa estamos impacientes por escoitar o audio do programa especial.

Eu estiven na pedazo manifa e nom tiven ocasion de escoitalo tampouco pola tarde.

Anónimo disse...

Ben polas RADIOS LIBRES sempre son necesarias! Máxime con estes medios de comunicación que se chaman progres e logo, coma sempre, están ao servizo dos cartiños. O programa eu escoiteino pola tarde e ben, moi ben compaleir@s!

Anónimo disse...

E ainda nom somos conscentes do importante que é ter umha Rádio Livre. Nom sabedes a ferramenta tam importante e necessária que tedes nas vossas mans. O movimento social de Ferrol, se soubera aproveitar as posibilidades que dá a Rádio Filispim, a apoiaria doutro jeito e facilitando-lhe mais recursos e participando na mesma com todas as conseqüências.

Adiante !!

Viva Rádio Filispim !!

Anónimo disse...

Os colectivos de Ferrol e todo Trasancos deberan interesarse por ter o seu propio espazo na radio. A partir de outubro comeza a vindeira programación. Agora é o momento de porse en contacto coa xente do Colectivo Opaíí!- Radio FilispiM, e comezar a fazer prácticas nos estudios que teñen no Ateneo Ferrolán.
Avante coa radio libre. Avante coa luita social!

Anónimo disse...

Avante esa radio libre!

Anónimo disse...

Eu penso que a xente está moi "programada", no senso de que é difícil que entendan o que é unha radio libre... fixádevos que até a COPE chámase "libre" ("somos libres...") din nunha das súas cuñas. Radio Fene, emisora municipal (agora Radio Fusión), pola súa parte e salvaldo as distancias ;-) cos da COPE, di nas súas cuñas "Entrada libre!". E dicir, que hai unha certa confusión ao respecto. UNHA RADIO LIBRE É UNHA RADIO QUE NON PERTENCE NEN A INSTITUCIÓNS NEN A EMPRESAS PRIVADAS (CON INTERESES). RADIOS LIBRES SON RADIOS DO TERCEIRO SECTOR: DA XENTE. Esto está relacionado coa AUTOXESTIÓN, cousa non moi de moda hoxe en día. Mellor que nos dean todo feito, non? Incluso a "actualidade informativa". Pois para isto están as RADIOS LIBRES, para por as cousas no seu punto xusto. ENTRE TANTO, O ESTADO NON LEGALIZA ESTAS RADIOS. O ESPECTRO RADIOELÉCTRICO SÓ É PRA "SUBHASTAR" ENTRE ás "públicas" e as "privadas"... a liberdade de expresión que lle vaian dando. POR ISO HAI QUE APOIAR AO TERCEIRO SECTOR, AS RADIOS LIBRES. RADIO FILISPIM É UNHA PUTA RADIO LIBRE.
pequeno monstro

Anónimo disse...

blog do COLECTIVO OPAII é PUTA RADIO LIBRE, RADIO FILISPIM:

www.opaii.blogspot.com

participa!